Feijóo nega a relación co caso do suposto axente electoral do PP que os socialistas elevan á Fiscalía

Feijóo nega a relación co caso do suposto axente electoral do PP que os socialistas elevan á Fiscalía

06 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

José Vázquez, o suposto axente electoral que tería traballado para o Partido Popular a soldo da Deputación de Ourense antes dos comicios locais de 2007, nunca tentou poñerse en contacto co presidente da Xunta. Asegurouno Alberto Núñez Feijóo, recoñecendo que deu orde á súa Secretaría de repasar a correspondencia para ver se aparecía algún rexistro da presunta co

Pouco despois da negativa de Feijóo, a secretaria de Organización do Partido Socialista de Ourense, María Quintas, asegurou que o presidente da Xunta “mente” e salientou que Baltar recoñeceu a contratación indiscriminada de José Vázquez sen que iso mereza unha recriminación de Feijóo. Ademais, anunciou que os socialistas demandarán a celebración dun Pleno Extraordinario na Deputación por mor deste caso e que lle darán traslado á Fiscalía do asunto para que o investigue.
Pola súa banda, o presidente do PP ourensán e fillo do titular da Deputación, José Manuel Baltar Blanco, manifestou que O Arxentino “non formou parte de ningún equipo de traballo” dos populares para captar votos entre a emigración. Ademais, contraatacou revelando unha foto correspondente ao día 18 de marzo deste ano na que o suposto axente electoral asiste a un acto do PsdeG, presidido polo secretario xeral da formación, Manuel Vázquez. 
 
“Era un acto aberto”, defendeuse o secretario xeral do PSOE en Ourense, Raúl Fernández, quen desbotou que esa imaxe fose proba de nada e preferiu facer fincapé na política de contratación de cargos e afiliados do PP que desenvolve a Deputación de Ourense, e que se benefician, afirmou, “dun terzo do gasto en persoal” da institución. 
Institucional