Feijóo só falou 15 segundos do paro, salienta Vázquez

Feijóo só falou 15 segundos do paro, salienta Vázquez

15 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O secretario xeral do PsdeG, Manuel Vázquez ofreceulle ao Goberno “despexar xuntos o futuro de Galicia” se comparte unha diagnose para saír da crise que fai fincapé na necesidade de modernizar os sectores produtivos, formar aos máis novos e evitar o despoboamento do rural. “Fai falla un plan de política industrial e unha orientación da internacionalización da economía”, demandou Vázqu

“Non serve mellor a Galicia quen máis protesta, senón quen resolve os problemas”, afirmou, ao tempo que animou a Feijóo a conxugar o verbo “afrontar” en troques de “confrontar”. Citando a Otero Pedrayo, o líder socialista declarou que “Feijóo xira arredor de si, pero afastándose cada vez máis da realidade”. “Os seus problemas non poden ser os dos galegos; ao revés, os problemas dos galegos teñen que ser os seus”, recriminoulle ao Presidente da Xunta.

O voceiro do PsdeG salientou que o discurso anual de Feijóo só reservou “15 segundos” para falar sobre o paro, e lembrou que durante a campaña das autonómicas o líder do PP “imbuírase de superheroe” e prometera que ía resolver o problema do desemprego “en 45 días”. Os datos do mercado de traballo en Galicia empeoran en relación á media estatal polo que Vázquez, remedando o lema do Xacobeo, reclamou que “agora é cando, Galicia é onde hai que falar do paro” e pediulle a Feijóo que recoñecese na Cámara as competencias que ten para combatelo. Pachi Vázquez criticou a actuación da Xunta en relación á fusión das caixas e os seus preitos co Goberno central. Asegurou que Galicia está á cola en prestacións a dependentes, e que o Goberno galego reduciu as axudas a formación e investigación. Pediulle que concrete se vai permitir o copago e criticou o financiamento público-privado dos hospitais, que “só é válido para as infraestruturas de comunicación”, segundo Vázquez.

Finalmente cargou contra o uso “partidario” da Xunta “contra os concellos que non son da súa cor” e realizou un duro ataque contra o ente público de comunicación, ao que cualificou de “gabinete do Partido Popular que non está ao servizo dos galegos”.

Institucional