Feijoo promete pagar ás empresas que traballen para a Xunta en menos de 45 días

Feijoo promete pagar ás empresas que traballen para a Xunta en menos de 45 días

27 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O candidato popular marcouse como reto a loita contra as que considera dúas das consecuencias principais da crise: a falla de liquidez e a morosidade. Para evitalas, Alberto Núñez Feijoo aposta porque a Xunta se converta nun verdadeiro aval. Nesa liña, prometeu que, se gaña as eleccións, o seu goberno pagará en un máximo de 45 días ás empresas que presten os seus servizos á Administración autonómica. Un

Ademais deste novo compromiso, o líder dos populares galegos reiterou as súas propostas de reformas fiscais, incidindo na supresión do imposto de sucesións e a rebaixa do IRPF. Por último, e tamén co obxectivo da paliar a actual crise económica, Feijoo incidiu na súa promesa de levar a austeridade á Administración.

Alberto Núñez Feijoo pecha a campaña electoral do PPdeG esta noite en Ourense. Nese último mitin atoparase arroupado polo líder estatal do partido, Mariano Rajoy.

Institucional