Feijoo promete suprimir o 25% das consellerías e o 40% dos altos cargos

Feijoo promete suprimir o 25% das consellerías e o 40% dos altos cargos

26 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O candidato do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, prometeu que, de chegar á presidencia da Xunta de Galicia, o seu goberno dará exemplo de austeridade e contención do gasto nun momento no que centos de familias galegas teñen serias dificultades para chegar a fin de mes. O líder dos populares anunciou que reducirán nun 25% o número de consellerías e nun 40% o total de altos cargos.

Os compromisos asumidos por Feijóo consisten en diminuír o número de consellerías a un máximo de 10 departamentos, nun proceso de fusión encamiñado a lograr a “máxima eficacia e a óptima coordinación”.

O segundo punto desta aposta pola austeridade pasa por suprimir 52 delegados provinciais existentes a día de hoxe, limitando esa representación a un único delegado en cada provincia máis Vigo. “Suprimiremos a figura dos delegados, pero non as delegacións, que si cumpren unha tarefa relevante desde o punto de vista administrativo e de atención aos cidadáns”, puntualizou Feijóo.

Sociedade