A Feira do Libro celébrase en Ferrol do 21 ao 25 de abril

A Feira do Libro celébrase en Ferrol do 21 ao 25 de abril

06 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Neste mes de Abril celébrase a Feira do Libro de Ferrol. Coñécense as datas da feira que se celebrará do 21 ao 25 deste mes, presumiblemente no Cantón de Molíns. Como todolos anos, a feira contará con actividades complementarias a base de música, obradoiros infantís, presentación de libros por conta dos seus autores e mesas redondas relacionadas coa literatura.

Coincidindo coa Feira do Libro ferrolana, ata o 24 de abril permanecerá exposta no Centro Cultural Carvalho Calero a mostra sobre o escritor de Serantes, nacido en 1935,  Juan Farias, “Un mar de palabras e de imaxes”. A feira do libro será un dos acontecementos culturais máis relevantes deste mes en ferrol pero non o único. Destacamos ademáis na comarca outros acontecementos de interese como a representación da ópera: Madame Butterfly no Pazo da Cultura de Narón o dia 23 ou a obra “Master Class” sobre a vida da diva María Callas protagonizada pola actriz galega, Mabel Rivera que se estrea no Jofre o dia 15. No eido teatral o Jofre achéganos tamén o dia 24 o humor de Carlos Blanco co seu último monólogo “Só”. 

Cultura