ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“55 mentiras sobre a língua galega”, presentan ás 8 da tarde na Feira do libro de Ferrol, Xavier Docampo e Xosé Manuel Sardiña. É este un dos actos centrais neste segundo dia do evento. Ás 11 da mañán volveron abrir as casetas da feira do libro no Cantón e soou nome de Uxío Novoneira na charla pedagóxica organizada sobre o poeta do Caurel, no Teatro Jofre.
Pola tarde volve poñer as notas misicais ao recinto o alumnado e profesorado do Conservatorio Xan Viaño. 6,15. Ás 7 e para os máis novos, o grupo Pavís Pavós conta Contos da Boca Aberta.
Tamén preséntan o libro “55 mentiras sobre a língua galega”, Xavier Docampo e Xosé Manuel Sardiña, ás 8 da tarde. O libro presentárase en máis de 60 localidades á vez o pasado 5 de febreiro. Antes de pechar por hoxe as casetas, antes das 9, os libreiros sortean un lote de libros.
A escritora Rosa Regás asinará mañá exemplares da súa obra. A ex directora da Biblioteca Nacional manterá un coloquio co profesor José Antonio Ponte Far e co público interesado na súa obra. Será ás 19.00 horas na Fundación Caixa Galicia. O alcalde, Vicente Irisarri, abrirá mañá o Maratón de Lectura que comenzará ás 10.00 horas con motivo do Día do Libro. Participará nel a neta de Ángela Ruíz, ferrolana pioneira do libro dixital