A Feira Internacional de Mostras do Noroeste abre o seu escaparate o 20 de xullo

A Feira Internacional de Mostras do Noroeste abre o seu escaparate o 20 de xullo

15 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Aínda que con nova data, a feira decana das galegas, a Feira Internacional de Mostras do
Noroeste
cumple, dende o día 20 e ata o 25 de Xullo, coa súa cita anual cos ferroláns
ofrecéndolles a ocasión de coñecer de preto as últimas novidades que presentan os máis de
150 expositores que tomar parte neste certame multisectorial. Un gran escaparate de preto de 25.000 metros cadrados que abrangue unha enorme vari

O obxectivo como en cada edición dende hay caseque medio século é dobre. Por unha banda favorecer a dinamización da economía na nosa área de influencia, configurando o espazo idóneo para o ntercambio comercial, e por otra proxectar a potencialidade de empresas das nosas comarcas(Ferrolterra, Eume e Ortegal) que se desenvolven en sectores punteiros como o da enxeñería ou as enerxías renovables, entroutros.

Na edición deste ano, adquire un especial protagonismo tamén o sector das antigüidades, coleccionismo e almoneda, coa participación de preto dunha vintena de firmas centradas neste sector que terá o seu propio espazo no pavillón 3 do recinto. Un espazo configurado como unha vivenda, coas suas diferentes estancias amobladas con pezas antigas, que trasladarán ao visitante a épocas pasadas.

Como cada ano a promoción turística vai gañando importancia na Feira de Mostras coa participación da Deputación Provincial da Coruña, que promove dende o seu stand as potencialidades turísticas da nosa área de influencia, e grazas tamén a participación directa de concellos como Ferrol, Neda, Ortigueira, Mugardos, Pontedeume, Cabanas e Burela.

Pero ademáis, a Feira Internacional de Mostras do Noroeste deste ano cumplirá tamén coa súa función lúdica para o público de tódalas idades, sumando ás xa habituais degustacións de productos gastronómicos galegos, outras actividades. Así, pensando no ocio do público visitante, programáronse dúas exhibicións dos cans da Unidade Cinolóxica do Cuartel do Tercio Norte de Ferrol, especializados en seguridade e combate, detección de minas e outros explosivos e búsqueda de drogas. Esta unidade estará presente na Feira de Mostras os días 22 de Xullo, coincidindo coa celebración do Día da Armada, e o 25 de Xullo. Ademáis, e dentro do marco da colaboración que dende as súas orixes mantén FIMO coa Armada, no stand do Ministerio de Defensa instalarase dende o día 22 un Taller de Nós que estará aberto aopúblico ata o día 25 en horario de mañá.

O vindeiro día 20 de Xullo será a Directora Xeral de Comercio, Mª Nava Castro Domínguez a encargada de inaugurar oficialmente esta 49 Feira Internacional de Mostras do Noroeste as 18:00 horas.

Sociedade