Feliz Ano 2019 lles desexa Aspaneps.

Aspaneps pon á venda un calendario do 2019 con fotos de Gabriel Tizón
12 de Decembro, 2018 - 02:33 h. | Publicada por Radio Fene

A idea de editar un calendario foi do fotógrafo Daniel Tizón. El deu un curso de fotografía este ano no centro ocupacional de Fene e considerou que non estaba mal reproducir en cada mes do ano as múltiples actividades dos rapaces e rapazas de Aspaneps que se converten así en modelos.

ESCOITA O PODCAST:

Non lle demos máis voltas. Hai un agasallo bonito, útil e solidario que facer aos amigos e amigas este Nadal. O calendario do centro ocupacional Aspaneps con fotografías do gran fotógrafo, Gabriel Tizón. A idea de editar un calendario do 2019 xurdiu do propio fotógrafo despois de ter impartido un curso de fotografía nas instalacións fenesas da asociación. Así que o alumnado de Aspaneps protagoniza os meses do almanaque, con esceas cotiás relacionadas coas actividades do centro ocupacional.

 

Coidando o xardín do Castro, facendo ximnasia, traballando no taller de encadernación ou estampado, e mesmo fotografando ao mestre Tizón coas súas cámaras. De momento editáronse cen exemplares que se poñen á venda hoxe ao prezo de 10€. Os puntos de venda son o propio local de Aspaneps na rúa do Castro en Perlío; o CCRD de Perlío, a imprenta San Esteban e o Centro Sociocomunitario de Fene. Os abrazos e os sorrisos, como o de Carmen que protagoniza a portada do calendario, son motivos tamén a enfocar nestas vísperas do Nadal. Feliz Ano 2019 lles desexa Aspaneps.

Sociedade

Publica o teu comentario agora