Feminismo para adiante

Machimo para atrás
09 de Marzo, 2020 - 09:11 h. | Publicada por Radio Fene

O feminismo é imparable. "Sen coidados non hai vida" foi onte a mensaxe que millerios de mulleres quixeron deixar nas rúas de Ferrol como no resto de Galicia.

ESCOITA O PODCAST:

Duas mulleres que se adican á música e ao teatro, outra ao deporte (Eugenia Sanmartín, Lidia Castrillón e Sandra Prieto)  foron as encargadas de ler o manifesto do 8 de marzo que pechaba a manifestación de Ferrol na praza de Amboaxe. Unha manifestación numerosa e ruidosa porque no traxecto a batukada fai ultimamente das manifestacións feministas, unha reunión de loita pero tamén festiva. Unha hora tardou en chegar a manifestación desde o Inferniño á Praza de Amboaxe. Cando a cabeza chegou a Armas, aínda podía verse a cola na Praza de España. Consignas clásicas mesturaronse con outras de última creación, facendo xogo coa mestura de idades que conformaba a marcha, o que significa que o movemento feminista gana adeptas cada ano que pasa. Como non vai ganar se as novas xeneracións van vendo o que hai nas propias carnes; violacións, acosos, malos tratos, discriminación laboral...Este ano a adicación das mobilizacións aos “coidados” deu no clavo, no cerne do problema. Como decía un dos berros que se escoitaron na manifestación de onte; “feminismo para adiante, machismo para atrás”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora