A fenda de xénero tamén é ancha no desemprego

O paro reflicte a desigualdade do mercado laboral.
04 de Marzo, 2019 - 01:06 h. | Publicada por Radio Fene

As mulleres representan máis do 57% do desemprego. Os datos publicados sobre o mes de febreiro volven sinalar desigualdade, estacionalidade e precariedade no emprego.

Se ben é certo que en Galicia baixou o paro nun 0,62% e a evolución é máis positiva en relación co que sucede no resto do Estado onde medra nun 0,1%, tennos que preocupar os riscos que afectan ao mercado laboral, o ensanchamento da fenda de xénero no desemprego, a elevada precariedade ou a estacionalidade do emprego xenerado. A dia de hoxe hai en Galicia un total de 173.709 persoas en situación de desemprego, 1.091 menos que hai un mes, segundo os datos faciñlitados pola UXT. No Estado esta cifra é de 3.289.040 persoas no paro, cun aumento de 3.279 persoas máis desempregadas. Por sexos, dase unha mellor evolución do desemprego entre os homes, caendo o paro nun 0,97%, fronte ao 0,36 no caso das mulleres. Increméntase a peor posición das mulleres en relación aos homes. As mulleres ocupan o 57,1% do desemprego. Están no paro 74.453 homes por 99.256 mulleres.Os sindicatos chaman a secundar a folga feminina convocada o 8 de marzo e participar nas mobilizacións.

Sociedade

Publica o teu comentario agora