Fene acolle nesta xornada a Cuarta Xuntanza dos Barallobre

Fene acolle nesta xornada a Cuarta Xuntanza dos Barallobre

17 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O encontro organizado pola Sociedade Liga de Amigos reuniu na súa última edición a medio cento de persoas que conservan o apelido Barallobre. Nesta ocasión, segundo avanzou a Radio Fene o secretario da entidade, participan na Xuntanza ao redor de corenta persoas, de procedencia moi diversa.

Esta cuarta Xuntanza dos Barallobre comezou ao redor das once da mañá coa recepción e benvida aos participantes aos que se convidou este ano a un percorrido en lancha pola ría. Rematado o traxecto, celebrarase un xantar de confraternidade nas propias instalación de Liga de Amigos.

A xornada concluirá coa entrega de agasallos aos participantes. Nesta ocasión, a organización repartirá entre os Barallobre un cd con imaxes e materiais da anterior Xuntanza, unha foto de grupo e distintos recordos doados pola Deputación Provincial.

A Xuntanza dos Barallobre é un encontro que se adoita aproveitar para falar da historia da parroquia, das orixes do apelido e dos propios Barallobre (entre os que se atopan personaxes senlleiros como Jacinto Barallobre, o protagonista da novela de Torrente Ballester “La Saga Fuga de J.B.” ou Andrés Barallobre, que foi un cabaleiro medieval).

Sociedade