Fene acolle o Dia do Peón

Fene acolle o Dia do Peón

03 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Baixo o lema “Polo San Martiño, peóns ó camiño”, a Rede Galega de Xogo Tradicional “Brinquedia” promove un ano máis a celebración do Día do Peón en centros educativos, concellos e entidades asociativas de toda Galicia. Desta vez o acto central terá lugar no Concello de Fene o venres 11 de novembro entre as 11:00 e as 13:00 horas. Desenvolverase na pista polideportiva e no local do CCRD de Perlío e en caso de c

O programa previsto para esta xornada é o seguinte:

-    De 11:00 a 12:00 h, chegada dos participantes, visita á exposición elaborada pola asociación Amic’s da Baldufa (Cataluña), proxección de documentais e obradoiros no CCRD de Perlío

-    Ás 12.00 (na pista do CCRD de Perlío), lectura do manifesto do “VII Día do Peón” a cargo do seu autor, o escritor fenés Ramón Loureiro.o    Canto a corro da canción do peón “Fago o camiño”, do grupo Ourensons
o    Lanzamento conxunto do peón por parte de todos/as os/as participantes.
o    Presentación da viñeta de J.C. Sardiña coa alegoría do día do peón

-    De 12:30 a 13:00 h, tamén na pista, xogos co peón e obradoiros nas instalacións do CCRD de Perlío.

-    Asemade, repartiranse entre os asistentes pegatinas alusivas ao “Día do peón” e algunhas buxainas realizadas por un artesán de Fene (Rivera).
 

Sociedade