Fene acolle o mellor arte gráfico do mundo

Fene acolle o mellor arte gráfico do mundo

26 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Casa da Cultura de Fene acolle dende hoxe ata o vindeiro 8 de maio a exposición do IV Premio Internacional de Arte Gráfico “Jesús Núñez”. O certame, convocado pola Deputación Provincial, ten como obxectivo recoñecer a achega dos creadores contemporáneos a esta disciplina artística. O horario de visitas á exposición será de 10:00 a 13:00 h. (de luns a sábados) e de 16:00 a 21:00 h. (de luns a venres)

Ademais deste primeiro premio, o xurado outorgou dous accésits ás obras “La portada de la calle de mi ciudad”, da portuguesa Célia de Melo Bragança, e “Serie 5”, de Norberto Bermejo Santos (Cádiz).
A mostra complétase con obras do mexicano Antonio Domínguez, que recibiu a mención de honra pola obra “Han sugerido que en realidad es una imaginación”; Izaskun Álvarez, Javier Aranguren, Cristina Brea Lodeiro, Graciela Edith Buratti, Rosana Calvo Agraso, Jennifer Carey, Valentino de Nardo, Simone de Pizzol, Pablo Flaiszman, Regina Jiménez Froiz, Desislava Hristova, Zaola Ipiña, Desislava Unger, Stefano Luciano, Beatriz Moreiro, Clément Richém, Rocío Rivas, Jesús Ruiz Bago, Samanta Sánchez Abadía, Pepa Satué, Gabriela Schoeller, Yun-Yung Seo, José Humberto Valdez, Pilar Valdivieso, Óscar Valero e Juan Pablo Villalpando.
Á IV edición do premio de arte gráfico “Jesús Núñez” concorreron un total de 212 obras procedentes de 26 países, entre as que o xurado seleccionou as 30 obras que conforman esta exposición. Ademais, a Deputación da Coruña editou un catálogo de 130 páxinas no que se recollen as obras seleccionadas.

Sociedade