ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O concello de Fene- A Coruña- será sede da Xuntanza “Luís Freire” de Xuventude e Medioambiente, entre o 18 e o 20 de outubro. Unha xuntanza orientada a novos investigadores na que teñen a posibilidade de presentar os seus proxectos, individuais e colectivos. A iniciativa lévaa a cabo o INICE (Instituto Nacional de Investigacións Científicas e Ecolóxicas).
O Instituto Nacional de Investigacions Científicas e Ecolóxicas INICE dispón dun local na escola do Souto Grande en Barallobre- Fene. A Coruña- na que se desenvolven direrentes actividades ao longo do curso. O director técnico do INICE Galicia é un fenés, o profesor de Bioloxía no instituto Concepción Arenal, Andrés Lamas.
O próximo sabado dia 5 de outubro comenza no local de INICE na antiga escola de Souto Grande en Barallobre un curso de Tecnoloxías da Información para investigadores. Comenza o sabado e remata o sabado 21 de decembro. O horario será de 10 a 13h os sabados, para para mozos-as entre 12 e 30 anos. Dispoñen de 20 prazas. Andrés Lamas referíuse tamén a outra liña de actuación relacionada coa mocidade, a posibilidade de que participen en proxectos no extranxeiro. Rematou un en Abu Dhabi e agora teñen aberto outro en México entre o 20 e 23 de novembro.
"O entorno do río Belelle merecería máis atención", afirma o biólogo Andrés Lamas. “Cando se produce un problema como é o do incendio das fragas do Eume aflora unha certa sensibilización que logo semella esquencerse” indica o director para Galicia do INICE.