Fene acometerá os camiños de Orra e San Xiá

Fene acometerá os camiños de Orra e San Xiá

18 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene acometerá a reparación do pavimento e saneamento interior do camiño de Orra en Sillobre e do camiño de San Xiá de Fene (o que sube de Conces ao Sartego). Así o acordou a corporación, reunida de urxencia ás 8,30 desta mañá un pleno extraordinario para incluir a obra no Plan DTC da Deputación provincial. O presuposto ascende a 107 mil euros.

A reparación dos camiños de Orra e San Xiá substitue os proxectos de “Sustitución de deshumificadoras en Piscina Municipal” e “Reparación de cerramentos, pavimentos e mobiliario de madeira de instalacións municipais do Concello de Fene” porque estes últimos non se axustaban ás bases da subvención provincial que esixe obras básicas, de servicios elementais. A votación, coa abstención do BNG, foi favorable a ese cambio. Os nacionalistas e tamén EU lamentan que a urxencia da execución da obra impida anchear o camiño- de tres metros- tal e como se pensaba facer. Desta maneira terá que ter probablemente unha dirección única, segundo opinión de Manuel Polo e Mª Carmen Martínez.P { margin-bottom: 0.21cm; }

Sociedade