Fene adianta os actos do Día da Constitución

Fene adianta os actos do Día da Constitución

01 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene adianta este ano a celebración do Día da Constitución ó venres día 4. Será un acto sinxelo, que terá lugar ás oito da tarde no salón de Plenos da casa do concello, no que haberá unha intervención dos voceiros dos grupos políticos municipais que renderan a súa homenaxe á Carta Magna. Ese mesmo día, e coincidindo coa celebración, acenderáse o alumeado de Nadal nas sete p

O alcalde de Fene, Iván Puentes, fixo un chamamento a toda a cidadanía a sumarse á celebración, que este ano mudou a data do día 6 para facilitar a asistencia dos veciños, pois hai que ter en conta que a conmemoración deste ano cae en domingo e no medio dunha ponte festiva de 4 días.

Noutra orde de asuntos, o rexidor fenés, anunciou que nos vindeiros días adxudicaráse a posta en marcha do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Logo das reunións mantidas nos últimos días pola Mesa de Contratación, onde foi revisada a documentación presentada polas empresas e, logo de que a comisión de expertos da Xunta de Galicia fixese as valoracións e asesoramento oportunos, o informe está xá concluso para proceder á adxudicación.

Iván Puentes valorou tamén positivamente a xuntanza da Mancomunidade de Municipios da Ría do pasado luns, no que se acadaron acordos moi positivos para a comarca. Un deles foi o acordo de mancomunar o servicio de recollida de voluminosos conseguindo así un menor custe e un mellor servizo. 

Institucional