Fene agocha tesouros aínda descoñecidos

Fene agocha tesouros aínda descoñecidos

28 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

170 persoas xa visitaron a caseta de información de turismo de Fene que abriu o pasado 1 de xullo. A pesares do mal tempo que nos acompañou estes primeiros días do mes, a xente acudiu á caseta para obter información sobre Fene e comarca. Persoas procedentes de moitos puntos do Estado e do noso concello animáronse a coñecer todas as posibilidades turísticas que agochan as nosas terras, moitas aínda descoñecidas.

As casas indianas, o sendeiro circular, a ruta da Fervenza, as calas de Limodre, o Museo do Humor, o parque da Galaxia Imaxinaria, son algunhas das apostas que ofrece o Concello de Fene. Segundo a informadora turística da oficina de Fene, Estefanía Purriños, estas son algunhas das alternativas aos viaxeiros que máis ofertan. 

 

Xente de Asturias, do Sur como Andalucía, Madrid, demandaron información sobre Fene pero tamén da comarca. Ares, Mugardos, a ruta Eume-Ortegal son algúns dos atractivos para os visitantes.Como curiosidade, segundo Purriños, son os propios veciños de Fene os que máis descoñecen o noso concello. Coñecedores dos roteiros empréganas, afirma cun sorriso a informadora, como “rutas do colesterol”. A ruta da Fervenza está a ser un éxito." Todo o que a fai asegura que é unha marabilla".

 

 

 A caseta de información turística de Fene atópase na Avenida Naturais. Ata o 15 de setembro pódese acudir de martes a sábado de dez da mañá a dúas da tarde e polas tardes de cinco a oito. O domingo somentes en horario de mañá. As tardes do domingo e o luns permanece pechada.

Sociedade