Fene aprobou o convenio para a nova Escola Infantil

08 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene asinará un convenio co Consorcio de Benestar para a construcción da escola infantil no Carril, en Barallobre. Derrubaráse a actual edificación para levantar unhas novas dependencias. O Pleno da Corporación aprobou o convenio coa abstención e moitos PEROS por parte da oposición. Censuran o que calificann de términos ambiguos do convenio e sospeitan que, unha vez se poña e marcha, o financiamento e mantenemento da escola r

Outro punto de debate provocou a votación máis rara que se recorda nun pleno de Fene. Tratábase dunha moción urxente presentada polo PP que sometía a votación o Plan provincial de emprego 2013. Un plan que consiste en que dous traballadores seleccionados pola Deputación da Coruña realizan unha serie de tarefas para o concello. O Plan non gustou a PSOE, BNG e EU, que o clalificaron de “caciqueo” e de mostra do modelo que o PP quere impoñer na Reforma da Administración Local,  darlle as competencias á Deputación provincial e privatizar os servicios. O BNG asegurou que era a última vez que votaba unha cousa así.

Ese plan require para ser aprobado, a maioría absoluta, a metade máis un dos votos do pleno. Por iso, para que prosperase( unicamente por  defender o traballo de duas persoas e só por iso) os concelleiros e concelleiras de BNG, PSOE e EU puxéronse dacordo para prestar tres votos aos seis do PP. Así que mentras un do bloque e dous concelleiros do PSOE votaban a faver, o resto votou en contra.

Pero a intensidade dialéctica aínda subiu máis de tono no debate das mocions do BNG. Na primeira demandaba que a Xunta restableza as prestacións para a axuda a domicilio nos concellos de menos de 20.000 habitantes. O PP propuña unha enmenda na que incluía á Deputación como mal menor. Tanto PSOE como BNG como EU coincidiron en que o servicio ten que ser cercano aos cidadáns e polo tanto deixar en mans da deputación este servicio é empeorar a sua calidade e mermar a liberdade dos concellos.

A outra iniciativa do BNG instaba á Xunta a desobedecer a orde do goberno central de aplicar o copago nos medicamentos dos enfermos crónicos non hospitalizados. Manuel Polo calificou esa medida de “inhumana” , Puentes de “miserable” e Martínez “o máis miserable dos recortes do PP”. A portavoz dos populares, Rocío Bértoa” afirmou que a medida non lles gusta, pero que hai que asegurar o sistema da Seguridade Social. A portavoz de EU zanxou o debate aludindo a unha viñeta de Castelao na que se vé a dous paisanos. Un dille a outro. “Dixeches que eras pobre... e tiñas unha vaca”. Mª Carmen Martínez aludía á ultima medida do goberno, afirmando que só van poder enfermar os ricos.

O pleno só se puxo dacordo nun tema: a declaración institucional contra a violencia machista cuxo día internacional se conmemora o próximo 25 de novembro.

Sociedade