Fene contra os malos fumes

Fene contra os malos fumes

14 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Conta atrás para o comezo dunha nova Semana Europea da Mobilidade, o programa que se pon en marcha tódolos anos en vísperas do “Día Europeo da cidade sen o meu coche”.  Nesta ocasión, a Semana da Mobilidade xirará en torno á contribución do transporte urbano perante o cambio climático. As actividades comezarán o vindeiro mércores e prolongarase ate o domingo con tres obxectivos fundamentais: loitar con

Partindo destas tres premisas, o Concello de Fene súmase este ano á Semana Europea da Mobilidade con distintas iniciativas para o fomento do transporte público. Taxis compartidos, viaxes en autobús cun 50 por cento de desconto ou cursos de mecánica para bicicletas. Estas son algunhas das propostas que plantexa a concellería de Medio Ambiente para concienciar aos cidadáns sobre as consecuencias negativas que supón o uso irracional do coche nas cidades.

Durante esta Semana, os veciños poderán utilizar o taxi como medio de transporte coa opción de taxi compartido. Preténdese con iso diminuir o número de viaxes a destinos coma o cemiterio, o hospital ou os polígonos de Vilar do Colo ou Río do Pozo. Ademais, para o fomento da bicicleta, o Concello de Fene organiza un curso de mécanica de bicicletas en colaboración co establecemento Accesorios Frami. E xa por último, as persoas que empreguen habitualmente o autobús como medio de transporte, a partir do mércores contarán con descontos do 50 por cento nas viaxes que realicen coas compañías Arriva ou Transportes Capela.

Sociedade