Fene debe ser hospitalario cos refuxiados

Fene debe ser hospitalario cos refuxiados

28 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A corporación de Fene reúnese o xoves no pleno ordinario de outubro. O xoves día 1, ás 6 da tarde, comezará a sesión na que o grupo socialista presenta tres iniciativas. A primeira sobre a Lei de protección de seguridade cidadá, a denominada “Lei mordaza”; a segunda é unha moción que persegue a reducción do IVE cultural. A última iniciativa dos socialistas trata sobre a crise migratoria e a situación dos r

O portavoz do grupo municipal socialista, Antón Noceda, explicaba en Radio Fene que propoñen que este sexa un dos concellos solidarios e hospitalarios con esta xente que escapa da morte. No pleno daráse conta da situación do pago a proveedores correpondente ao segundo trimestre deste ano 2015. E Intervención dará conta tamén da estabilidade orzamentaria do mesmo período. O pleno pechará cos rogos e preguntas.

Concurso gastronómico

O Concello de Fene convoca o III Concurso Gastronómico da pataca, dende o día 9 ata o 27 de outubro. Quérese promover e dinamizar a actividade da hostalería por iso as  tapas serán gratuítas. Cada local participante elaborará unha tapa na que o seu ingrediente principal sexa a pataca. O período de inscrición empezou hoxe, día 28 de setembro e remata o o vindeiro luns 5 de outubro. O lugar de inscrición é o Rexistro xeral do Concello de Fene. Os clientes decidirán o campión e o subcampión. Para votar deberán percorrer tódolos establecementos participantes coa FENERRUTA que irán selando nos locais nos que se degusta a tapa concursante. Cando a Fenerruta esté completa poderán votar e depósitala na urna. Os horarios de degustación das tapas de pataca serán os habituais: Venres de 20:00 a 22:00 horas. Os Sábados de 13:00 a 15:00 h e de 20:00 a 22:00 horas e os domingos de 13 a 15:00 horas.
 

Sociedade