Fene dispón de 9 millóns 700 mil€ nos Orzamentos do 2013

Fene dispón de 9 millóns 700 mil€ nos Orzamentos do 2013

18 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os orzamentos municipais de Fene ascenden no ano 2013 a 9 millóns 700 mil €. O investimento máis importante iráse por tres vias: A primeira o saneamento da ría. Fene ten que desembolsar para este servizo 150.000€ este ano. A segunda escola Infantil é o outro gasto de importancia, cun desembolso de 160.000€ . En terceiro lugar contemplan o Plan de emprego no que Fene vai gastar de momento 120.000€. O borrador dos Orzamentos 2013 está en mans

En relación coa EDAR do sur da ría, Galego manifestou que están avanzando os contratos con Fenosa para o funcionamento dos bombeos dos tres concellos que verten as augas residuais; Fene, Ares e Mugardos. No espacio As Foxas de radio Fene, Galego anunciou a inmediata execución do PEIM (Plan de investimento de Medio Rural da Xunta) que se traducirá na reposición do firme de seis camiños: o de Santa Ana que correspondente ao ano 2009 e os cinco restantes do 2012 que son os de Marraxón, Mundín, Arangas e Ponte da pedra (Maniños) e A Pomba en Barallobre.

No ultimo pleno municipal o grupo do PP retirou a nova Ordenanza Municipal de Terrazas para facer algún cambio referente ao periodo de pago e á taxa fiscal que se rebaixa un pouco máis. O pago poderá ser cuatrimestral e o prezo baixa 1 euro menos por metro cadrado,quedando nos 4,25€ .

Entrega de Premios do VI Concurso de Tapas Concello de Fene

Gumersindo Galego presidirá o acto. Adiantouse finalmente a entrega de premios do VI Concurso de tapas Concello de Fene. O acto celebrarase este venres 21 de xuño ás 17h no Salón de plenos do Concello de Fene. Ao remate degustaranse os 27 petiscos presentados a concurso.
O xurado dará a coñecer o establecemento gañador da Mellor Tapa Tradicional e o da Mellor Tapa Creativa. Tamén coñeceremos a Tapa Popular a través da votación do público, rexistrada nas Fenerrutas depositadas na urnas.
No mesmo acto procederase ao sorteo dos premios aos clientes. Por un lado os premios da fenerruta e por outro os que saen das tarxetas cumprimentadas tamén pola clientela.  

Finalmente adiantouse a data da elección dos premio que, en principio se anunciara para o mes de xullo. Será o venres ás 17.00h, no salon de plenos do concello de Fene. 

Sociedade