Fene e Ares, xuntos na formación e no emprego

Fene e Ares, xuntos na formación e no emprego

29 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os Concellos de Fene e Ares inician este xoves dia 31 de forma conxunta un Obradoiro de Emprego. Impartirá formación en albanelería e en pesca de litoral. Un barco tradicional de pesca rehabilitado polo Concello de Ares recibirá o seu bautismo de mar con este obradoiro de mariñeiro de pesca do litoral.

Nos dous cursos formaránse 23 persoas durante 6 meses. Recibirán un salario situado arredor dos 700 euros mensuais. Os obradoiros responden a unha demanda do sector, segundo o alcalde de Ares Julio Iglesias.
O mar é moi duro pero representa unha oportunidade nesta época de crise, asegurou o alcalde aresán. Os obradoiros impulsados de xeito conxunto polos Concellos de Fene e Ares comezarán este xoves. 9 persoas farán o curso de mariñeiro e 13 realizarán o de albanelería. En Fene o alumnado mellorará, entre outros espazos, o acceso á pista de Fonte do Campo, o parque Rosalía de Castro ou o Parque das vivendas sociais do Castro en Perlío.

Sociedade