Fene fáise co seu litoral marítimo

Fene fáise co seu litoral marítimo

07 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A corporación de Fene acordou por unanimidade respaldar a solicitude de desafectación do litoral marítimo do concello no tramo límite entre Neda- Fene e Fene- Mugardos. Unha franxa costeira que pertence a Costas e que se cederá a propiedade municipal sempre que os usos do terreo siga a ser de recreo, educativos e deportivos como ocurre ao longo do paseo  de San Valentín.  Vantaxe é que para realizar calquera execución non será ne

A empresa Aquagest, que presta os servizos de abastedemento e saneamento no concello de Fene, cambia de nome a causa dunha excisión interna e pasa a denominarse Vía Aqua. En 15 días debe renovar o contrato co concello e por iso o pleno debía adoptar o novo nome, cousa que así sicedeu cos votos favorables do PP e a abstención de PSOE, BNG e EU. Ese trámite despertou un vello debate. Os grupos da oposición prantexaron que no futuro hai que buscar unha fórmula para rescatar o servizo para o concello e que sexa a administración local a que se engargue da xestión da auga. A portavoz do PP, Rocío Bértoa, non daba crédito a esa proposta dos grupos da oposición.

As cinco mocións presentadas polo grupo socialista e a dos nacionalistas prosperaron a pesar da oposición do grupo popular. O socialista, Antón Noceda, declarou ao remate da sesión que onte o PP de Fene sacou a careta.

No ultimo apartado, prantexáronse diferentes preguntas das que se desprende que a rúa da Fraga volverá a tratarse nalgun tramo onde se levantou o asfaltado. O concllo ten feito o informe do estado no que se encontra a cuberta do colexio O Ramo de Barallobre. O alcalde confirmou que agarda a visita do delegado de Educación para ver in situ o problema. A solicitude da Anpa da Xunqueira en relación problema das liñas de alta tensión en San Valentín xa foi remitida á Consellería de Sanidade da Xunta.

Sociedade