Fene fai sitio á Arte e ao Xogo este Nadal

Fene fai sitio á Arte e ao Xogo este Nadal

17 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Pavillón A Xunqueira de San Valentín acollerá a Aula de Xogos de Nadal do Concello de Fene.A actividade prolongarase dende o 23 de decembro ao 4 de xaneiro. Dende o luns 19 chega á Casa da Cultura de Fene o Liceo europeo das Artes con obras de 34 pintores e pintoras da comarca. Son alguns dos contidos culturais deste Nadal no concello fenés.

Aula de xogos de Nadal

Xogos de psicomotricidade, taller de elaboración de aperitivos e doces navideños,  globoactividades, globoflexia, elaboración de elementos decorativos navideños… Son algunhas das actividades previstas para a Aula de Xogos de Nadal de Fene, unha novidade dentro da programación da Concellería de Deportes para as vindeiras festas de Nadal. Segundo informan dende este departamento, todos  doces, así coma os adornos, creados polos participantes, serán levados por cada nen@ á súa casa.
A Aula de Xogos de Nadal desenvolverase no pavillón da Xunqueira os días 23, 26, 28, 30 de diciembre,  2 e 4 de xaneiro en horario de 11:00 a 12:00 ou de 12:00 a 13:00 h. A inscrición pode realizarse nas dependencias administrativas do pavillón de San Valentín antes do 20 de decembro. O custe da actividade ascende a 6,25 €. Más información no teléfono 981 492 804.

Mostra de pintura

O Liceo Europeo de las Artes prosigue coa sua mostra itinerante de pintura que chega o luns dia 19 ao concello de Fene. A exposición reune a obra de 34 pintores-as  da comarca.
Os artistas que exporán os seus lenzos na Casa da Cultura de Fene son, entre outros: Suso Balado, Manuel Barro, Teresa Barrós, Avelino Castro, Manuela Castro, Juan José Cebral, Luis Fernanda Chavete, Manuel da Silva Díaz, Isabel Espiñeira, María Jesús Fernández, José Fernández, Rosa Fernández Salanova, Ana Ferreira, Antonio García, Montse Grande, Serafín Herrero, Eva Liberal, Blanca López, Manoly Miraz, Regino Molina, José Molinero, Rafael Nadales, Dolores Parga, María Jesús Parga, José Pena, Ricardo Pena Cagigao, Enrique Pereira, José Luis Pérez Lis, María Porto, Antonio Rivas Pol, Ana Sabín, Carmen Soto, Rosa Terrones y José Vigo.
 A Mostra permanecerá ata o dia 7 de xaneiro. O acto de inauguración está previsto para as 7,30 da tarde do próximo luns.

Sociedade