Fene inaugura a segunda fase do Parque Castelao

Fene inaugura a segunda fase do Parque Castelao

10 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene inaugura a última fase do Parque Castelao, executada pola V Escola Obradoiro. O acto está previsto para as 12,30 da mañá. Na xornada de hoxe ultímanse os detalles finais e amáñanse os problemas provocados polas choivas das ultimas horas, segundo a directora da Escola Obradoiro, Humbelina Gómez. O proxecto custou 600.000 € e ven completar os planetas da "Galaxia Imaxinaria", nunha superficie de actuación de

Actuóuse durante un ano nunha superficie de 5000 metros cadrados e o investimento, procedente dos Fondos Europeos a través a Consellería de Traballo da Xunta, superou os 600.000 €. Coincidindo coa inauguración do último tramo do parque despídense os 26 alumnos da V Escola Obradoiro de Fene que remataron o curso. 26 rapaces e rapazas formáronse nesta V Escola Obradoiro de Fene durante ano e medio. A sua formación práctica en albanelería, cantería e xardinería,  foi precisamente a execución dos 5.000 metros cadrados do parque nos que se instalóu o planeta da infancia e o planeta da saúde, amáis dunha zona verde de recreo para os veciños-as de Fene, todo unido por unhas sendas que dispoñen de alumeado, mobiliario e todas as infraestructuras necesarias.

O acto de inauguración será ás 12,30. A el están convidadas todalas entidades sociais de Fene e a veciñanza en xeral. Despois dun paseo polo parque e do descubrimento da placa, no Salón de Plenos do Concello de Fene entregaranse os diplomas aos alumnos e alumnas da Escola Obradoiro que participaron no proxecto. Un acto no que intervirán o redactor do proxecto,a directora da Escola, o Director Xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida e o alcalde de Fene.

Sociedade