Fene lendo Mulleres

Esta tarde ás 19h abrese a mesa redonda con seis mulleres fenesas que falarán da súa vivencia profesional.
15 de Marzo, 2019 - 10:26 h. | Publicada por Radio Fene

Uns 200 escolares participan esta mañá na biblioteca de Fene na XVII Maratón de Lectura "Mulleres lendo mulleres". Con el ábrense as actividades adicadas polo concello ao Día da Muller.

ESCOITA O PODCAST:

A pediatra Josefa García Santiago (Fefa) foi este ano a encargada de escribir o Manifesto do 8 de marzo que ás 9 da mañá Maratón de lectura “Fene Lendo Mulleres" na biblioteca municipal de Fene. Por alí desfilaron alumnos e alumnas de todos os centros escolares. O primeiro en abrir as lecturas foi o colexio A Xunqueira de San Valentín. Escolleron a Rosalía de Castro. A concelleira de Muller, Juana Barro, foi a encargada de abrir o maratón coa lectura do manifesto.

As instalacións da Casa da Cultura de Feneserán tamén escenario pola tarde a partir das 19 horas, dunha mesa redonda: “Mulleres Traballadoras. Vivencias” na que tomarán a palabra mulleres de Fene , de diferentes profesións; a médica Josefa García Santiago (Fefa); a traductora en Astano, Olga Santiago Pérez; a panadeira de Pan Perlío, Manuela Carneiro Fernández, a mediadora de seguros Amalia Botas Lamas e a profesora e premiada matemática Erica Diz Pita. Todas elas mulleres de Fene que falarán das súas experiencias profesionais.

Inaugúrase tamén no mesmo escenario a mostra “As Mulleres alimentan o mundo” sobre comercio xusto. Un obradoiro sobre "a fabricación do cacao" funcionou toda a mañá cos nenos e nenas que pasaron polo Maratón de lectura.

Institucional

Publica o teu comentario agora