Fene pide o cribado masivo

Fene pide o cribado masivo
22 de Xaneiro, 2021 - 10:05 h. | Publicada por Radio Fene

Fene demanda á Xunta de Galicia un cribado masivo da poboación diante dos datos alarmantes da pandemia no municipio. O concello tomou novas medidas de seguridade nas escolas culturais municipais, das que nos da conta a portavoz do goberno local, Sandra Permui.

ESCOITA O PODCAST:

O concello de Fene ven de tomar algunhas medidas a nivel local, medidas concretas que aportarán máis seguridade á situación xeral e ás medidas xa establecidas a nivel xeral. A concelleira de Seguridade de Fene, Sandra Permui, anuncia a suspensión das escolas culturais de piano, solfexo e guitarra xustificando que as aulas onde se impartes non teñen a ventilación desexada e un espazo moi reducido. Tamén se limita o aforo da Aula de estudio da Casa da Cultura a tres persoas co fin de manter as distancias de seguridade adecuadas, manténdose o horario establecido de 9 a 13 horas e de 16 a 21 horas. As escolas deportivas do pavillón A Xunqueira mantéñense con catro participantes mais o monitor. A piscina, que xa ten menos afluencia debido aos peches perimetrais, mantense con medidas hixiénicas estritas.

Fene ten a dia de hoxe, en palabras de Permui, 143 persoas contaxiadas. A incidencia sube a diario entre 11 e 12 persoas, o que supón unha incidencia acumulada de 1000/100.000 habitantes. Por iso Fene ven de demandar á Xunta de Galicia un cribado masivo de toda a poboación. O centro de saúde do Tarrío está a facer test rápidos en casos especiais, cando se presentan focos familiares ou localizados de contaxio. O alcalde Juventino Trigo mantén un contacto diario tanto co centro de saúde como cos responsables da Área Sanitaria de Ferrol. Permui adiantou tamén que os preparativos da festa do Entroido non se poden realizar e que o concello fará algo pero nunca o Entroido peculiar e multitudinario ao que estamos afeitos.

Visita de Ana Pontón.

A portavoz nacional do BNG visitou onte a comarca de Ferrol para abordar dous grandes temas, a crítica situación industrial e a pandemia. Os peches de Gamesa e As Pontes, a situación de NOA, Navantia, precisan de solucións rápidas e do compromiso político. Esa é a mensaxe que deixou a líder nacionalista amais de amosar o seu apoio a Ferrolterra.

Institucional

Publica o teu comentario agora