Fene podería conxelar de novo as ordenanzas fiscais no 2013.

Fene podería conxelar de novo as ordenanzas fiscais no 2013.

25 de Outubro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As Ordenanzas municipais de Fene conxelaranse por segundo ano consecutivo, agás a do lixo e a do rodamento de veículos que subirán o IPC. Cando menos esa é a proposta que o Partido Popular levará mañá á Comisión de Facenda e despois ao pleno ordinario da próxima semana. Unha vez máis a suba da taxa polo consumo de auga queda aprazada ata o ano que ven. No conxelador queda tamén a paga extra de Nadal dos funcionarios mu

A conxelación da maioría das Ordenanzas municipais débese á precaria situación económica dos veciños-as neste tempo de crise, segundo palabras do edil de Facenda. Sen embargo, proponse subir o equivalente á suba do IPC, as taxas do lixo e dos veículos. A da xestión dos residuos sólidos por ser aínda deficitaria. Franco propón que a ordenanza  de circulación de veículos súba o IPC porque é das máis baixas da comarca. Ademáis váise correxir a progresividade deste imposto porque afirma Franco que dende o 2004 incrementouse máis nos veículos de menor cilindrada. Agora correxirase para que sexa ao revés. O grupo de goberno proporá eliminar unha ordenanza, a da “tala de masas arbóreas”.

As primeiras voces da oposición xa se deixaron sentir. O BNG pon unha pega xa de entrada: a premura coa que se traen a debate as Ordenanzas Fiscais, con quince dias de prazo antes de aprobalas. Así, afirma o voceiro do bloque, Manuel Polo, nunca dá tempo a estudar polo miúdo cada unha delas para actualizalas do xeito máis racional. "Xa pasou o mesmo o ano pasado", afirmou o portavoz nacionalista. Manuel Polo criticou a recente suba do IBI por discriminatoria, porque en Fene xa era suficientemente alto e por tratarse dunha "intromisión do goberno central na autonomía local".

Sociedade