Fene pon o mandil

Fene pon o mandil polo 8M
04 de Marzo, 2020 - 01:23 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene pon o mandil polo 8 de Marzo en sintonía co movemento feminista que no Día da Muller do 2020 saca os mandís aso balcóns para visibilizar o traballo de coidados das mulleres. O dia 10 celebrará o maratón "Fene lendo mulleres".

ESCOITA O PODCAST:

Cun acto simbólico o concello de Fene únese á celebración do Dia da Muller. Esta mañá colocouse a bandeira conmemorativa do 8 de marzo. Igualmente, e dentro da campaña de visibilización do traballo de coidados das mulleres, Fene colocou uns mandís no balcón municipal, como símbolo dos traballos non remunerados, invisibilizados, precarios e maioritariamente realizados por mulleres, segundo explicou a concelleira de Igualdade, M.C. Martínez. A edil de Igualdade convida á cidadanía e establecementos de Fene a unirse á campaña, colocando mandís e mandilóns en lugares visíbeis como fenestras, balcóns, escaparates, terrazas... dende hoxe día 4 até o 15 de marzo.

É a primeira iniciativa da Concellería de Benestar e Igualdade á que se sumará o martes dia 10 de marzo o maratón “Fene lendo mulleres” coa participación dos centros escolares. Ás 10 da mañá leerase o Manifesto do 8M que aprobará mañá o pleno municipal. Ese mesmo dia na biblioteca pública ofrecerase unha charla sobre “A fibromialxia”, na que participan expertas de Affinor.

 

(Na imaxe principal, o goberno local de Fene no momento de colocar a bandeira do movemento feminista).

Institucional

Publica o teu comentario agora