Fene recibirá con “zumba” o Día Mundial contra o cancro

Fene recibirá con “zumba” o Día Mundial contra o cancro

27 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O domingo pasado foi o baile deportivo e o próximo o zumba. Fene conmemorará o Día Mundial contra o Cancro cunha sesión multitudinaria de zumba. Celebrarase este domingo 1 de febreiro, coa colaboración da Asociación española contra o cancro e baixo o lema “Se cres que estás só, non nos coñeces”.

No polideportivo de A Xunqueira, en San Valentín, a partires das 11 horas, a delegación ferrolana da AECC instalará o domingo mesas informativas nas que o público poderá coñecer os programas de axuda e apoio asistencial a enfermos e familias; os plans de investigación e os avances en diagnóstico precoz.

Os asistentes  poderán participar nunha actividade de zumba. Entre as 11,30 e as 13 horas celebraráse unha master class a cargo dun grupo de mestras. Mentres os máis pequenos poderán participar noutras actividades lúdicas, previstas pola organización.

A entrada custará dous euros aos adultos e os nenos e nenas poderán acceder gratis. A recadación das entradas e da venda de camisetas conmemorativas, destinarase a soster a actividade da asociación ferrolana na súa loita contra o cancro.

Sociedade