Fene segue sen pediatras

Os afectados convocan nova concentración, agora en Ferrol
05 de Novembro, 2019 - 02:27 h. | Publicada por Radio Fene

O sabado dia 9 ás 12h  pais e nais afectados pola falla de pediatras no Centro do Tarrío de Fene convocan concentración diante do CHUF

Tres mil nenos e nenas de Fene, A Capela, Ares, Mugardos, San Sadurniño, Moeche, Cerdido e As Somozas carecen dunha atención médica eficiente. Un colectivo de nais e pais reclama atención pediátrica pública de xeito continuado. Por ese motivo convocan unha concentración o sábado dia 9 de novembro ás doce da mañá diante da Residencia Arquitecto Marcide de Ferrol. No caso de Fene e A Capela, dende o pasado mes de setembro, as dúas profisionais de pediatria que atendían están de baixa. Afirman que a Xunta de Galicia non solventa a situación. Opinan que a rapazada da zona rural ten o mesmo dereito a un servizo de pediatria pública de calidade que na zona urbana.

Sociedade

Publica o teu comentario agora