Fene sigue tendendo pontes

Fene sigue tendendo pontes

05 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A concelleira responsable da área social de Fene, Juana Barro, presentou esta mañá en RF as campañas que se poñen en marcha xa neste mes de novembro, dirixidas ás persoas maiores, para o envellecemento activo. Denominanse, Tardes activas e Construíndo pontes. Tamén das subvencións ás familias para os agasallos de Reis, que este ano adiantan os cartos para realizar as compras. Beneficiaranse 40 rapaces con 75€ a dest

Subvencionado pola Deputación da Coruña, Fene levará adiante de novo o programa de envellecemento activo que se divide en duas partes. Por un lado as Tardes Activas con talleres de memoria preventivos de patoloxías como a demencia ou o Alzeimer. Desenvovleranse nos locais sociais de todalas parroquias, cunha frecuencia de 1 h semanal, dende o mes de  novembro ata o mes de abril.

Do outro lado está o programa “Construíndo pontes” que son sesións en grupo para traballar a memoria pero cun obxectivo común, reconstruir a historia local, as tradicións, as festas, os costumes de antano na localidade. Construíndo pontes ábrese a persoas maiores de 65 anos, hai 20 prazas e se desenvolverá de xaneiro a maio, no propio centro municipal de SS SS en San Valentín.

Os agasallos de Reis

As Axudas municipais ás familias para os agasallos de Reis repartirán 40 subvencións de 75€ por neno ou nena menores de 15 anos. As solicitudes poden presentarse no Rexistro Municipal ata o sabado dia 9 de novembro, inclusive. A edil, Juana Barro, aclarou que as axudas económicas adiantaranse ás familias para que podan mercar os agasallos ou roupa e calzado (ata a metade da cuantía) antes do Nadal.

Sociedade