Fene tamén marcha á Neve

Fene tamén marcha á Neve

16 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

A concellería de Deportes de Fene anuncia que xa está aberto o prazo de preinscrición para participar na “Campaña de esquí 2014” que organiza a Deputación de A Coruña para rapaces que naceran nos anos 2000, 2001, 2002 e 2003. Os mozos/as interesados/as deben pasar polas dependencias municipais de Cultura e Deportes (Avda. Naturais, 44, entrechan, Fene) e cubrir o formulario correspondente a este programa. No momento no que a Deputació

Os participantes  na Campaña de Esquí da Deputación desfrutarán dunha fin de semana  con aloxamento, manutención e cursiños de esquí na estación de San Isidro en León. As datas de comezo serán a partir do fin de semana do 14 ao 16 de febreiro, ao longo de cinco fins de semana. A entrada dos rapaces na estación será o venres pola noite antes da cea e a saída o domingo despois do xantar. Os participantes do Concello de Fene irán na quenda que lles sexa asignada pola Deputación.

A Deputación responsabilizarase  do transporte de todos os participantes dende os puntos  de recollida en cabeceiras de comarca, estancia en albergues, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos na estación e actividades varias.

Unha vez rematado o prazo  de preinscrición, no caso de ter máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo  público no salón de Plenos da Casa do Concello, perante a secretaria municipal. Cada participante terá que pagar unha cota de inscrición de 36 €. 

Sociedade