Fene ve mermar os Orzamentos 2009 pola crise

Fene ve mermar os Orzamentos 2009 pola crise

15 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os orzamentos municipais de Fene deste ano 2009 someteranse á aprobación da corporación municipal nun pleno extraordinario a vindeira semana. Esta mesma tarde preséntanse ás entidades veciñais. O orzamento total ascende a 10 millóns 760 mil euros; unha cantidade sensiblemente inferior á do ano anterior porque diminue o capítulo de ingresos.

O edil responsable da área, Manuel Rodriguez Carballeira, declarou que estes orzamentos están marcados pola crise económica e cita a regresión de ingresos na disminución do imposto de construccións e á menores transferencias do Estado. Carballeira responde a esta crise económica con duas liñas inamobibles: o mantenemento dos servicios sociais e a defensa do emprego. 
 Nestes presupostos inclúese un Plan de emprego ao que se destinan este ano 100.000 € e o ano que ven 200.000, partidas dos propios recursos locais que se destinan á realización de obras pequenas de mantenemento e conservación.  

O investimento real destinase á adaptación dos parques infantís, a seguridade vial na Avda Marqués de Figueroa, a obras de pavimentación e saneamento e á compra de terreos para a canalización da auga en Magalofes. Inclúese tamén o capítulo de Orzamentos participativos que nesta ocasión se levou a cabo nas parroquias de Sillobre e San Valentín.

A oferta pública de emprego do 2009 inclue a creacion dunha praza de policia local.  Estes orzamentos incluen a petición dun crédito por valor de 420.000 €

Sobre o que trascendeu dos grupos da oposición a propósito do texto económico, o edil de Facenda mete ao BNG no saco do retraso porque compartiu o goberno ata hai uns meses. Sobre as declaraciós realizadas polo PP, que critican o derroche provocado polos cargos de confianza do goberno local, Carballeira, contesta que iso non é sustancial neste Orzamento. Un texto no que se inclúe a revisión do PXOM, que anunciaba o edil de Facenda e Urbanismo, que xa está publicado nos boletins oficiais e que as empresas teñen 15 dias para presentar as ofertas. O goberno fenés ten intención de facer a revisión nun prazo de 32 meses. 

Sociedade