Fene, vetado

Fene, vetado

14 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Primeiro dánche un caramelo e logo cho quitan. Así actúan co estaleiro de Fene. Coñeceron onte na noticia os traballadores. Navantia Fene non participará na construcción do flotel para Pemex. Os traballadores celebraron esta mañá unha asemblea no estaleiro fenés para darlle voltas ao argumento esgrimido para adoptar esa decisión. O do famoso veto que, cando se acabe no 2015, van ter que buscar outra escusa para manter paradas as ins

O estaleiro de Fene quedaráse fora da construción do flotel de Pemex. A dirección de Navantia decidiu manter o estaleiro de Fene ao marxe da construción do flotel para cumprir coas restriccións da Unión Europea. Visiblemente enfadado o presidente do comité Jorge Priteo considerou que nos últimos tempos vendeuse fume e preguntouse: “¿Qué pasaría se saíran os catro gaseiros, ou se saíra adiante a construcción do dique flotante, ou calquer proxecto de eólica ou off shore?.

Actualmente pertencen á antiga Astano, 315 traballadores, algúns desprazados a outras factorias. Son en realidade 230 os que fichan cada dia. O plantel da antiga Astano tratóu hoxe a situación nunha asemblea que se desenvolveu dende as 10,30 da mañá. Sobre a noticia que coñecían onte, sobre o argumento do veto que remata en 2015 e sobre as novas mobilizacións que van prantexar os dous comités de empresa entre o luns e martes próximos, falounos esta mañán o presidente do órgano laboral de Navantia Fene, Jorge Prieto.

Sociedade