Fene xa non emite verquidos á ría

Fene xa non emite verquidos á ría

04 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene adiantou esta mañá que o Plan de emprego que pretende recuperar a persoas acollidas á RISGA ten en Fene aseguradas cinco prazas que poderían ampliarse a 8 ou 10 se sobrasen noutros municipios. Na actualidade 36 veciños de Fene perciben a RISGA, unha cifra que se incrementou nos últimos anos parella ao aumento do paro. Preténdese recuperar para o mercado laboral a esas últimas persoas acollidas á RISGA, profesionais, xente

No espacio As Foxas, Gumersindo Galego, non puido precisar aínda como quedará a taxa polo saneamento da ría ata que conclúa o estudo económico que realizan os técnicos en Mugardos. Estanse barallando os conceptos de taxa fixa ou por volume de verquido á hora de cuantificar o pago que, con toda probablilidade se cobraría semestralmente, coincidindo cos meses de xuño e decembro. No programa As Foxas, en Radio Fene, Galego confirmou que o concello xa se enganchóu á rede e que a depuradora de Chanteiro funciona a pleno rendemento.

 

Sociedade