Fenentroido. A festa !!!

Fenentroido. A festa !!!

05 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fenentroido. A festa!!! Con este lema presenta o concello de Fene a sua programación para o martes de antroido e o mércores de cinza, o 24 e 25 deste mes de febreiro.

Entre as novidades atopamos con que este ano haberá duas verbenas, unha cada día, amenizadas, o martes por Panamá, e o mércores, polos Satélites. Ademáis recupérase o velorio do antroido na noite do martes. O mércores a novidade virá da man dos premios ás máscaras individuais.

O martes é o dia dos pequenos e pequenas, con festa amenizada por Panamá e degustación de lambetadas na praza do concello. A xove orquestra local acompañará ao defunto polas ruas e a xornada acabará co velorio e a verbena.

O xornalista da Radio galega, Pichi Varela, conducirá o festival de comparsas o mércores de cinza e a lectura do testamento do Antón. A traca final virá da man da queima do boneco no río Cádavo.

Cultura