A fenesa Sara Jove proclamouse campiona galega en 3.000 metros

A fenesa Sara Jove proclamouse campiona galega en 3.000 metros

26 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A rapaza de Barallobre Sara Jove do club de atletismo Sierra Narón logrou esta fin de semana a medalla de ouro nos 3.000 metros lisos nos Campionatos Galegos Cadetes celebrados en Riazor na Coruña. Sara está a facer unha temporada atlética sensacional e postulábase para medalla nestes campionatos. Finalmente o ouro é un premio ao gran sacrificio deportiva da atleta fenesa. Tamén lograron medalla Sonia Beceiro, concretamente doblete en 50 vallado e lonxitude,

Ademáis destes éxitos tamén hai que destacar as medallas de ouro de Sergio Piñón en 1.500 metros xuvenil e Diego Barreiro nos 3.000 promesa. Kevin López Doval logrou a primeira posición en salto de altura e logrou o subcampionato nos 50 metros vallado e o triple salto. Para completar o medalleiro do Sierra Narón dicir que Daniel Doce logrou o campionato de salto de pértiga e David Barreiro que logrou o bronce nos 1.500 metros na categoría promesa. Polo que respecta ao Ría Ferrol-Concepción Arenal o rapaz Jaime Correa logrou a medalla de prata en pértiga e Paula Mayobre do Ximnástica de Pontevedra logrou a prata nos 3.000 metros promesa.

Deportes