As fenestras de Fene

As fenestras de Fene
21 de Setembro, 2020 - 10:03 h. | Publicada por Radio Fene

As fenestras, como elemento concreto, por si mesmas, falan do paso do tempo. Desde a máis pequena e humilde, que nos conta como se vivía en Fene hai máis dun século, ata a máis grande que busca o paso da luz, pasando por un amplo exemplo de ocos que nos falan do mundo mariñeiro, da emigración, dos indianos que melloraron e enriqueceron a nosa maneira de habitar o lugar, da pegada da construción naval. As fenestras falan tamén en grande medida de quen as habita.

Fotografías: Pitusa Arias e Maite Martínez. Composición: Maite Martínez.

As fenestras son algo máis que os ollos dunha casa. Son parte da historia dunha localidade. A identidade arquitectónica fai única unha parroquia, unha vila. Vistas no seu conxunto, as fenestras dun pobo, non só dan unha idea do seu estilo arquitectónico. Tamén poden marcar períodos históricos e evidenciar o paso do tempo. Non sempre se trata dos edificios de máis sona ou os máis populares, senón de donde se encontra a mellor historia.

Non se trata de ver á xente que hai dentro das casas, senón aos que construiron o edificio. Buscamos o balanzo perfecto entre a luz e a sombra. As fenestras serven como ponte entre a natureza e o interior do edificio. A criación desa ponte define a persoalidade do arquitecto. As fenestras non están feitas só para abrirse e pecharse, segundo afirma André Vicente Gonçalves, fotógrafo portugués autor do proxecto Windows of the world.

https://www.andrevicentegoncalves.com/photography-project/windows-of-the-world

Sociedade

Publica o teu comentario agora