Ferido nun accidente en Narón

Ferido nun accidente en Narón

24 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un home resultou ferido nun accidente acaecido a pasada noite no vial que comunica a rotonda de Freixeiro co polígono do Río do Pozo en Narón. Por razóns que se descoñecen, o vehículo saiuse da via e foi necesaria a intervención dos bombeiros para excarcelar ao seu conductor.

Os Bombeiros de Ferrol rescataron o domingo a unha persoa ferida que quedou atrapada no interior do seu vehículo tras saírse da vía sobre as 22,00 horas do domingo cando circulaba pola estrada que vai desde a rotonda de Freixeiro ao Polígono do Río do Pozo, en Narón. O 061 mobilizou unha ambulancia medicalizada, segundo sinalaron fontes sanitarias, que levou ao Hospital Arquitecto Marcide ao home ferido, O.B.G., de 38 anos.

Sociedade