A Fermosa Aldeana, Capítulo 3

A Fermosa Aldeana, Capítulo 3
01 de Maio, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Maruxa e Manuel seguen a debullar a historia da orfa. Terceiro capítulo do podcast baseado na novela de Carmen Beceiro Vizoso “La Bella Aldeana”, publicada en Barcelona en 1889 e adaptada para a radio por Paula Carballeira e Henrique Sanfiz e verquida ao galego por César Yáñez.

ESCOITA O PODCAST:

Ten dez anos e a rapaza xa traballa dende o amencer, alindando as vacas, mentres recrea o seu maxín coa lectura dun libro que chegou ás súas mans sen saber a procedencia. Apareceu na súa miserable casoupa e é, para Sabela, un tesouro inapreciable.

Mentres Sabela coida das vacas, engaiolada na lectura do seu libro, non se decata dun xove que a mira abraiado....

Fotografía: XanXe

 

Cultura

Publica o teu comentario agora