Fernández Naval logra o premio de poesia Fiz Vergara Vilariño

Fernández Naval logra o premio de poesia Fiz Vergara Vilariño

27 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O xurado do certame, reunido este sábado no salón de actos da casa do concello de Sarria, acordou por unanimidade concederlle o premio á obra presentada baixo o lema Marlow. Aberta a plica, resultou ser o seu autor Francisco Fernández Naval e o título do poemario Bater de sombras. O premio Fiz Vergara lembra a obra do poeta de Santalla de Lóuzara. Está dotado con 6.000 euros ademáis dunha escultura doada por un autor galego.

O xurado do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño estivo formado por Olalla Cociña, Cesáreo Sánchez Iglesias e Miguel Anxo Fernán-Vello, e con voz e sen voto, o concelleiro de cultura de Sarria, Xermán Arias, e a presidenta de Ergueitos, María Casar. Presentáronse este ano 86 poemarios. O premio entregaráse nunha cea literaria o vindeiro mes de maio.

Sociedade