Ferrol acolle a fase final do Club de debate deste curso.

Ferrol acolle a fase final do Club de debate deste curso.

23 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ferrol acollerá o vindeiro  sábado 26 de abril,  no Teatro Jofre,  a fase final do Club de Debate  do curso  2013-2014. O Club de Debate trátase dunha interesante iniciativa en que participan  cada ano varios concellos. A presente  edición  está promovida polos concellos de Ames, Carballo O Carballiño, Pontevedra, Santiago de Compostela, Teo  e  Ferrol para o que asinaron  un acordo o pasado 1

Este proxecto leva xa dúas edicións organizadas conxuntamente por  varios concellos  que,  como noutras ocasións, asumen a responsabilidade que lle atribúe á Administración local o Plan xeral de normalización lingüística  no seu cumprimento.  Ferrol  convértese no  terceiro concello que acolle unha fase final do Club de  Debate, logo de que o fixesen o concello de Pontevedra (2012)  e o de Santiago de Compostela (2013).

O Club de Debate  diríxese a  un dos sectores estratéxicos no proceso de normalización da nosa lingua, a mocidade,  e faino co obxectivo xeral de impulsar o uso da lingua galega  activando o uso oral do idioma en contextos formais (os propios debates) e informais (a convivencia entre os participantes durante todo o desenvolvemento da actividade).

Nas distintas fases locais da  edición do curso 2013-2014   participaron 21 equipos  de 16 centros de ensino,  conformados por un total de 180 alumnos e alumnas dos distintos concellos.Cada equipo de traballo estivo coordinado por un ou dos preparadores que os  asesoraron  en aspectos como a procura de información, a disertación en público,  a argumentación, etc.

Logo de se desenvolveren as fases locais nas comarcas de Santiago de Compostela, Pontevedra, O Carballiño e Ferrol, son  oito os equipos que acceden á final galega:

IES Plurilingüe de Ames
IES Parga Pondal  - Carballo
IES Leixa  -  Ferrol
IES Saturnino Montojo - Ferrol
IES Nº 1 - O Carballiño
IES M. Chamoso Lamas - O Carballiño
IES Luís Seoane –Pontevedra
IES A Xunqueira 1 –Pontevedra

Os oito  equipos enfrontaranse entre eles e terán que debater sobre o seguinte enunciado: “Pódese vivir en galego”. O horario de desenvolvemento da actividade é dende as 10.00 horas ata as 20.30 horas, cando se coñecerá o equipo gañador e as puntuacións dos debates, o que dará paso a entrega de premios.

Sociedade