Ferrol acolle a Galicia que xa non é

Ferrol acolle a Galicia que xa non é

14 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O máis grande arquivo fotográfico sobre Galicia chega a Ferrol a vindeira semana coa Mostra de Ruth Matilda Anderson (1893-1983) fotógrafa norteamericana que percorreu Galicia coa sua cámara entre os anos 1924 e 1926, contratada pola Hispanic Society de New York que habitualmente é a sede do material. A Fundación Caixa Galicia itinéraa por todo o país. Estará en Ferrol ata xaneiro do 2011.

As 439 imaxes dunha Galicia xa desaparecida, ímolas ver na Fundación Caixa Galicia de Ferrol. Trátase dunha mostra itinerante, que agora ten a Ferrol como parada e longa porque vaise amosar dende o xoves 20 de maio ata o mes de xaneiro de 2011.

Sobre a mostra fálanos o seu comisario, Miguel Anxo Seixas. para afirmar que Ruth Matilda Anderson desembarcou en Galicia en 1924 como fotógrafa, pero a calidade e magnitude da sua obra é tal que marchou feita unha etnógrafa e unha historiadora. 

Sociedade