Ferrol brila cos tesouros da Ilustración

Ferrol brila cos tesouros da Ilustración

11 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de 1.700 documentos históricos e 700 planos reprografíados do patrimonio histórico de Ferrol serviron de base, e de punto de partida, ao inxente traballo desenrolado ao longo de case dez anos polo concello de Ferrol para preparar a candidatura do “Ferrol da Ilustración” ao título de Patrimonio da Humanidade. Toda esa colección de documentos xunto co patrimonio material da cidade é o que os cidadáns poden contemplar dende hoxe

O “Ferrol da Ilustración” é unha exposición de balance que resume nunha sala os oito anos que o comisario da mesma, o historiador Juan José Rodríguez Villasante, e o seu equipo invertiron en preparar o expediente para optar á candidatura de Patrimonio da Humanidade.
A mostra fai un percorrido, a través de 62 paneis informativos, polos bens que conforman o conxunto que opta á candidatura, é decir, un conxunto histórico que forma unha unidade no espazo da ría, na época da Ilustración e nas formas estéticas do Academicismo. O conxunto preséntase como o máis representativo, e de entre os mellores do mundo, da utópica “cidade portuaria ideal” na idade moderna, tanto polo seu deseño e construcción como pola súa conservación.

As construccións que compoñen o “Ferrol da Ilustración” está formado polo Porto Natural da Cidade, coa súa orografía e hidrografía, e as zonas inservidas polos homes daquel tempo: o Arsenal Militar; o Arsenal Civil de A Cabana; as Defensas da Costa, coas baterías de San Carlos, Cariño e do Vispón; e as construccións da cidade.

A exposición complétase cunha ampla mostra bibliográfica e documental, na que se poden ver mapas, planos e debuxos dos proxectos e obras de construccion da base naval de Ferrol. Entre eles, amósanse por exemplo un plano do Dique da Campana do ano 1757, os perfiles de martelo do muelle do Arsenal nun plano de 1758 ou o deseño da Casa de Armas do ano 1769, éstes últimos custodiados no arquivo de Simancas.

A mostra conta tamén con recursos tecnolóxicos a disposición dos visitantes nos que se poden consultar tódolos fondos bibliográficos e documentais existentes ou facer un percorrido virtual pola mesma de 3 minutos de duración.

A exposición, que foi inaugurada polo alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, a concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, o presidente de Ferrol Metrópoli, Alfonso García, e o comisario da exposición , Juan José Rodríguez Villasante, é un dos últimos pasos da longa tarefa que supuxo a preparación desta candidatura. Neste senso, o mandatario ferrolán, anuncióu a inminente creación dun órgano de xestión, necesario para o requisito de conservación esixido pola ONU e para presentar ante este organismo a candidatura, a través da figura dun Patronato que contaría con representación social.

Cultura