Ferrol canta na Noite das Pepitas

Ferrol canta na Noite das Pepitas

18 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociacion de comerciantes de Ferrol colabora na noite das Pepitas. A proba máis doce será o reparto dos bicos - pasteliños alusivos ao dia- no mercado da Magdalena esta mañá entre os clientes. Unha rondalla cantará tamén no recinto do mercado ferrolán para ir creando ambiente de cara á Noite máis ferrolana do ano.

Todo listo. Rodallas e madriñas están preparados para esta Noite das Pepitas, segundo a edil de festas María López. Ano a ano vai medrando a festa que comeza xa pola mañán no Teatro Jofre coa homenaxe aos rondallistas e letristas veteráns. Este ano son Fernando Fuentes Girgado, da rondalla Añoranzas; Luis Carlos Gómez Caridad, da rondalla do Club de Campo, e José Pérez Villares, tamén membro desta última rondalla.

O acto do Jofre rendirá tamén homenaxe, na categoría de Poeta, a Juan Caruncho Rodríguez, letrista da Agrupación Artística Bohemios, e entregar unha Mención Especial a Bernardo Fojo Sardina, ex membro de Armonía e Añoranzas.  A concelleira de Festas, María López, declarou a Radiofusión que son as propias agrupacións as que elixen os homenaxeados. As madriñas serán tamén protagonistas deste acto, como representantes da muller ferrolana.

Añoranzas, Bohemios, Sonidos del Alba, Club de Campo, Trovadores de Ares, Mugardesa, Lucero del Alba serán as 7 agrupacións que suban ao escenario na Praza de Amboaxe dende as 8 da tarde. Prevese que dure unhas duas horas. Despois as rondallas percorrerán as ruas e bares do centro cantando ata a medianoite. Por unha noite, a música faise dona de Ferrol.

Sociedade