Ferrol cos traballadores de Noa

Ferrol cos traballadores de Noa
26 de Xuño, 2020 - 09:45 h. | Publicada por Radio Fene

Os traballadores de Noa madeira creativa siguen recibindo apoios institucionais na comarca. Onte, a corporación ferrolana amosou o seu apoio unánime ao cadro de persoal nas súas reclamacións.

O Concello de Ferrol amosa o seu apoio aos traballadores de Noa madeira que loitan por manter os seus empregos. O representante do cadro de persoal de Noa madeira creativa alertou na sesión plenaria sobre o peche anunciado, contra o que levan advertindo meses. A pandemia do Covid viulles moi ben, abriulles portas que antes tiñan trancadas, afirmou. Todos os grupos votaron a favor na sesión plenaria celebrada pola Corporación ferrolá."Desde que Malasa mercou Noa non fixo outra cousa que buscar o xeito de desfacerse de nós, dun persoal que temos unhas condicións laborais dignas, algo que, polo visto, non están dispostos a asumir" Son as explicacións dadas polos empregados que levan moitos anos traballando na empresa e teñen unha grande experiencia no que fan. Acusan aos responsables de Malasa de "falta de escrúpulos por aproveitar a situación de pandemia e estado de alarma para despedir a case setenta persoas" a pesar dos beneficios do grupo que en 2019 superaron os 9 millóns de euros. O grupo Malasa, ubicado no polígono industrial de Cerceda, adquiriu en 2018 a empresa Noa, despois de recibir unha inxección de capital dun fondo de investimentos. Malasa adícase á madeira, metal, pintura edecoración. O fondo GPF entrou en febreiro dese ano cunha participación non maioritaria na firma de Cerceda. Os empregados de Noa madera creativa levan denunciando desde aquela intentos de desmantelamento da factoría de Fene a través da sustitución do seu persoal fixo e con representación sindical, por empresas de traballo temporal e "falsos autónomos".

 

(Na imaxe, manifestación de Noa o dia 19 de xuño na N651)

Sociedade

Publica o teu comentario agora