Ferrol deu luz verde ao Centro Cívico de Canido

Ferrol deu luz verde ao Centro Cívico de Canido

22 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Executivo Municipal de Ferrol que preside Jose Manuel Rey Varela deu luz verde hoxe á adxudicación das obras de construción do Centro Cívico, para Persoas Maiores e a Infancia de Canido, das que se ocupará á empresa S.A de Obras e Servicios COPASA. Esta empresa resultou a mellor valorada por parte da Mesa de Contratación Permanente da Administración municipal entre as vinte ofertas que se presentaron a este procedemento aberto. O edificio cuadr

O investimento neste equipamento, financiado con fondos europeos do Plan Urban, ascenderá a un total de 930.490 euros (21% de IVE incluído), o que supón unha rebaixa económica de algo máis de 128.000 euros con respecto ao orzamento de licitación que foi de 1.058.731,95 euros. O prazo de execución dos traballos é de doce meses, a contar a partir da firma do contrato e da acta de reformulo, polo que a previsión da Área de Urbanismo, Infraestruturas e Contratación do Concello de Ferrol é que as instalacións estean rematadas no primeiro semestre do vindeiro ano 2015.

O primeiro edil da cidade sinalou que este Centro Cívico, para Persoas Maiores e Atención a Infancia é unha intervención que completará as necesidades de servizos e de equipamentos dotacionais existentes en Canido. O inmoble, presentado á Asociación de Veciños nunha visita de Jose Manuel Rey Varela con motivo da segunda fase do Plan de Barrios, emprazarase nunha parcela da rúa Poeta Pérez Parallé. O edificio cuadrangular, cunha superficie útil de 700 metros cadrados e concibido como un contenedor multiusos e polivalente, será de planta baixa e caracterizarase pola súa luminosidade: con lucernarios na cuberta, galería mirador na parte traseira e con vistas dende a ladeira de Canido.

Servizos

Segundo se recolle n proxecto de execución, o centro disporá no seu interior de aula da memoria, espazos para as persoas maiores, ludoteca e salas destinadas a atención de menores e aula de informática, entre outros espazos. Así mesmo, contará con sala de lectura, vestíbulos, espazos comúns para o uso do público en xeral e salas de espera. Deste xeito, o inmoble permitirá a celebración de varias actividades ao mesmo tempo.

Sociedade