Ferrol e Mugardos unidos por unha marcha a pé

Ferrol e Mugardos unidos por unha marcha a pé

16 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O vindeiro xoves 23 de xullo terá lugar a III Marcha a pé Ferrol- Mugardos, organizada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Con motivo do peche da veciñanza de Mehá hai dous anos, o Comité convoca esta xa terceira edición da marcha. Ten un carácter solidario e con ela queren tamén amosar o rexeitamento á ubicación da planta de gas no interior da ría, o que consideran un perigo permanente para todos os veciños e veciñas da zona. A marcha sairá do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza ás cinco da tarde. A hora de chegada a Mugardos está prevista para un pouco antes das nove, hora na que a música, os chourizos e liscos serán os protagonistas, poñendo o punto festivo desta marcha na praza dos Carneiros de Mugardos. Todo aquel que queira pode participar nesta marcha xa sexa a pé, en bicicleta ou noutros medios.

Sociedade