Ferrol prepara un vídeo fórum sobre mulleres para achegar realidades

Ferrol prepara un vídeo fórum sobre mulleres para achegar realidades

11 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A concelleira de Muller, María López, presentou esta mañá unha nova actividade que se celebrará na Casa da Muller (rúa Lugo, número 56) nos meses de xaneiro e febreiro: un Vídeo-fórum co que se pretende achegar aos asistentes ás sesións ás diferentes realidades de mulleres de países como India, Afganistán ou Estados Unidos. Así, proxectaranse os vindeiros 19 de xaneiro e 2 e 16 de febreiro tres longametr

As sesións, con entrada libre e de balde, celebraranse ás 18.00 horas e serán o precedente do Festival de Cine de Muller que o Concello celebrará o vindeiro mes de marzo nos Cines Dúplex de Ferrol coa intención de que se convirta nun acontecemento estable. Neste senso, subliñou que o Vídeo-forum preséntase como unha actividade lúdica, de información, comunicación e entendemento de diferentes realidades que viven na actualidade moitas mulleres do mundo. Realidades sobre as que se reflexionará en cada unha das xornadas ao remate da proxección para compartir entre as mulleres participantes nas mesmas puntos de vista ou posibles solucións ás problemáticas nas que se centran as longametraxes.

A primeira das películas, “Agua”, pasarase o 19 de xaneiro e, tal e como explicou a concelleira de Muller, aborda a vida das viúvas hindúes, que viven reclutadas e condeadas a todo tipo de privacións tras a morte dos seus maridos e están condeadas a pedir limosna ou exercer a prostitución para sobrevivir. Dirixida por Deepa Mehta, conta unha intimista, tenra e dura historia de amor á beira do río Ganges e foi rodada inicialmente en Varanasi no ano 2000. Despois de obter os permisos necesarios e a aprobación do guión por parte do goberno de India, aos dous días do inicio da rodaxe tivo que ser suspendido ante as crecentes protestas e ameazas -o proxecto tardou catro anos en retomarse, esta vez en Sri Lanka, onde houbo que cambiar o reparto por completo-.

O ciclo continuará o 2 de febreiro coa proxección de “Las mujeres perfectas”, interpretada por Nicole Kidman e na que se retrata a sociedade nortemericana e a ruptura de estereotipos. A súa protagonista é unha muller cuxa vida, en apariencia, é perfecta ata que chega un día catastrófico no que todo o seu mundo se derruba: bótanna do seu traballo, o seu matrimonio se tambalea e sufre unha crise nerviosa que lle serve para replantexar a sua vida: reúne á familia e se muda para empezar unha nova vida no idílico paraíso suburbano de Stepford, onde as súas veciñas serán mulleres fermosas e aparentemente felices, activas, creativas e sumisas aos seus maridos.

Finalmente, a Casa da Muller acollerá o 16 de febreiro o pase de “Osama”, unha longametraxe que narra a situación dunha familia afgana composta por tres mulleres (avoa, nai e neta) que non teñen como sobrevivir tras a chegada do réxime talibán ao poder, toda vez que este non permite a saída de ningunha muller á rúa sen ir acompañada dun varón nin traballar fóra de casa. Así as cousas, a única solución é cortarlle o pelo á nena e que se faga pasar por un neno para poder buscar un traballo aínda sabendo que se a descobren a súa condea será a pena de morte.

Cultura